viernes, 16 de mayo de 2008

O grupo meco Alto Volta actuou o venres no pub Kinston de San Vicente


O grupo local Alto Volta defendeu na noite do venres no pub Kinston Nox de San Vicente, un repertorio de colleita propia, e algunha que outra versión, baseado nun estilo pop rock independente con enerxia coa finalidade de que ninguén quede indiferente. Neste concerto, ao que asistiu un nutrido grupo de espectadores, debutaba o novo batería da formación, Juan, que comparteu escenario cos demáis compoñentes: Paco, Nestor, Robillo e Xosé.

http://www.todogrove.com/

Presentan el XI Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

lunes, 12 de mayo de 2008

17 de Maio Día das Letras Galegas


Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua. Cada ano faise á homenaxe a un escritor galego. Aquí poderedes atopar os recursos necesarios para ampliar a vosa información sobre esta data.





Semana das Letras Galegas


O día 17 de maio celébrase en toda Galica o día das Letras galegas, homenaxeando este ano a Xosé María Blázquez. A concellería de Cultura realizará unha serie de actividades para conmemorar este día. O venres 16, celebrarase un serán literario no cumio da Siradella en reivindicación da Lenda do Meco e dos escritos do Padre Sarmiento; proxeccións audiovisuais, exposicións de arte e alusivas a Xosé María Álvarez Blázquez e actuacións diversas.

viernes, 9 de mayo de 2008

Cinema Dixitais. Serie Emigración

No Cine O Marino, proxectarase hoxe a partires das 22:00 horas, VILABOA, MIRANDO Á MECA, CABO VERDE, SABI E MUNDO BAZAR.
Oranizado pola conselleria de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a concelleria de Cultrua do concello do Grove.

II Xornadas de Software libre

Con esta actividade preténdese fomentar o uso das TIC no eido asociativo e promocionar o software libre entre as asociacións da comarca. Nun total de 7 horas lectivas os asistentes terán oportunidade de familiarizarse cos productos informáticos sen licenza privada.

Estas xornadas levaranse a cabo na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey o sábado 10 de maio e están dirixidas ao público en xeral, e máis concretamente aos directivos e socios das asociacións locais.

A partir das 10 da mañá profundizarase sobre o chamado software libre, e durante a tarde a xornada centrarase en algunhas ferramentas concretas como servidores de correo, navegadores ou ferramentas para a creación de páxinas web.

Inciativa organizada pola REde de Dianmización da Sociedade da Información en colaboración co Concello do Grove.