viernes, 9 de mayo de 2008

II Xornadas de Software libre

Con esta actividade preténdese fomentar o uso das TIC no eido asociativo e promocionar o software libre entre as asociacións da comarca. Nun total de 7 horas lectivas os asistentes terán oportunidade de familiarizarse cos productos informáticos sen licenza privada.

Estas xornadas levaranse a cabo na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey o sábado 10 de maio e están dirixidas ao público en xeral, e máis concretamente aos directivos e socios das asociacións locais.

A partir das 10 da mañá profundizarase sobre o chamado software libre, e durante a tarde a xornada centrarase en algunhas ferramentas concretas como servidores de correo, navegadores ou ferramentas para a creación de páxinas web.

Inciativa organizada pola REde de Dianmización da Sociedade da Información en colaboración co Concello do Grove.

No hay comentarios: